|
INFORMACIÓN XERAL
A transmisión de valores desde a información deportiva é un seminario
de formación onde os máis reputados comunicadores deportivos explicarán
a súa visión sobre a información de deportes que se fai na actualidade
en España.
Obxectivos do Seminario
-Espertar o interese da comunidade universitaria sobre a forma de
comunicar no deporte achegando un valor engadido.
• Potenciar os coñecementos impartidos na Facultade de Ciencias da
Comunicación.
• Incentivar ao alumnado a participar en debates públicos, potenciando
o desenvolvemento das habilidades necesarias para a exposición de
argumentos en público e creando un clima propicio á participación.
• Fomentar o uso das Tics no proceso de aprendizaxe tanto por parte dos
profesores como dos alumnos, prestando especial interese ás súas
posibilidades á hora de potenciar a participación dos estudantes na
creación interactiva de coñecementos.
Directores
José Pereira Fariña (USC)
Pablo Juane (Aurea 5.0)
Organizan
Facultade de CC. da Comunicación
Aurea 5.0
Máis información
- Pablo Juane
gerencia@aurea5.com
T. 902.044.395
|
PROGRAMA DO CURSO
Todas
as sesións se celebrarán na Facultade de Ciencias da Comunicación da
Universidade de Santiago de Compostela (Avda. Castelao s/n) ás 18h.
O calendario do II seminario é o seguinte
Outubro
30/10/2012. A transmisión de valores dende o
xornalismo deportivo. Información, pasión ou tolemia.
Raúl Villares. RTVG
Novembro 27/11/2012.O futuro do xornalista.
JL
Cudeiro. El País Galicia
Decembro 18/12/2012. Fotografía deportiva, o elemento
imprescindible.
Manuel Queimadelos. Octagon
Xaneiro
29/01/2013.A función do Comunity Manager nun
medio deportivo.
Nacho de la Fuente. La Voz de Galicia
Febreiro
26/02/2012. Cómo escribe a prensa deportiva?¿ Que se transmite e que percibe o lector?
Poñente por confirmar
Marzo
26/03/2012. A comunicación desde un gabinete de prensa dun clube deportivo.
Poñente por confirmar
Abril
30/04/2012. A importancia da mensaxe no marketing publicitario e no deporte.
Poñente por confirmar
Maio
28/05/2012. Como é a nova radio deportiva?
Paco García Caridad. Director de Radio Marca
Obradoiro
Ao longo dos tres meses realizaranse pezas informativas (PodCast e artigos) para publicar na plataforma da Asociación de Blogueiros deportivos de Galicia (www.abdg.es)
Duración estimada 25 horas
|
PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA
O prazo de preinscripción finaliza o 29 de
outubro de
2012. Será por orde de inscrición
A matrícula é de 105 euros e formalizarase
unha
vez que sexa confirmada a súa preinscripción que se comunicará por
correo electrónico.
A preinscripción realizarase a través do seguinte formulario web
PRAZAS DISPOÑIBLES
O seminario conta con 30 prazas para asistentes.
|