Contidos elaborados por rss

  • Vidas rotas polo desarraigo

    No Museo da Emigración Galega da Arxentina (MEGA), atópanse documentos moi importantes para entender a historia de Galicia e para coñecer o labor que os exiliados republicanos levaban a cabo para loitar dende a distancia. Algúns destes documentos foron doados polos donos ou polas súas familias para que todo o mundo puidera gozar deles. Cartas de presos republicanos escritas a noite antes de seren fusilados, obxectos tales coma: maletas, mantas, libros e ata unha da «Pasionaria» instandoos a seguir coa loita dende América.

  • Alén dos mares

    Arxentina foi o país máis elixido por emigrantes e exiliados políticos para comezar unha nova vida, por iso unha parte da historia do noso país quedou no outro lado do Océano, alí a bo recaudo no Museo da Emigración Galega da Arxentina están gardadas as palabras, as letras e as ideas nos nosos antepasados para que nunca caian no esquecemento.

    Ruy Farías:»los documentos del FSG-MEGA son consultados por investigadores de todo el mundo»
    •FOTOGALERIA: Vidas rotas polo desarraigo

  • Ruy Farías: “los documentos del FSG-MEGA son consultados por investigadores de todo el mundo”

    O investigador Ruy Farías na biblioteca do MEGA. El País. Bos Aires. 2010 Ruy Farías, nacido en Bos Aires fai 39 anos, fillo de pai arxentino e nai galega é Licenciado en Historia. No ano 2009 comeza a traballar coma responsable do Departamento de Investigación do MEGA, pero xa dende o 2005 colabora co Museo. [...]

  • O desemprego destapa a clase dos novos pobres

    Nos últimos tres anos a palabra que máis se escoita é crise e unha das consecuencias que máis afectan á poboación é o paro. O sector máis afectado polo desemprego está a ser o dos mozos de entre 25 e 29 anos e as persoas con poucos estudos. Estes datos pódense corroborar no último informe de Cáritas, institución á que máis xente acode en busca de axuda social.

    Alicia e Sabino, dous rostros das novas pobrezas

  • Viaxe solidaria ó Sáhara


    Imaxes do percorrido feito por Paula e Aurora polos campamentos de refuxiados Saharauís da man da ONG Solidaridade Internacional. É un dos destinos que oferta esta organización para gozar dunhas vacacións diferentes, nas que a parte de pasalo ben e coñecer outras culturas, axudas ós demais.

  • Paula e Aurora, dous exemplos de mozas solidarias e comprometidas

    Paula e Aurora nas dunas de Auserd (Alxer) Aurora Lama é enfermeira no Hospital Xeral de Vigo e Paula López policía local no Concello de A Coruña. As súas profesións e súas vidas son diferentes, pero así é todo teñen moitas cousas en común. Ámbalas dúas, elixiron as súas profesións para axudar ós demais, Aurora [...]

  • Furanchos: festa, viño e tradición

    Ás veces as tradicións perduran no tempo e van pasando de pais a fillos e de avós a netos. Marcelino, de 82 anos, ía na súa mocidade a tomar os viños ó furancho. Hoxe en día segue indo pero acompañado do seu neto, Antón. “Tráeme el no coche, se non eu xa non podería vir… [...]

  • A «estalotada» enche de ritmo o barrio compostelán de San Pedro

    Os terceiros venres do mes celébrase no barrio santiagués de San Pedro a xa tradicional «estalotada» que é unha foliada popular que se fai polos diferentes bares do barrio. Está organizada polo grupo de música popular galega «Os Estalotes», nela poden participar todas aquelas persoas que queiran, tocando, bailando, cantando ou simplemente acompañando coa súa presenza ó grupo durante todo o percorrido.

  • O “entrudio” perdido

    “Tal día coma hoxe nos meus tempos había máis xente na aldea que nas festas da Santa Cruz”, lembra Felicísimo Martínez, un señor de 68 anos veciño do Canizo (A Gudiña). E é que entre os anos 50 e 80 esta aldea, duns sesenta veciños hoxe en día e que contaba con douscentos daquela [...]