Política
-
Beiras: «Euskadi está gobernado ilexitimamente polas forzas de ocupación españolas»
Personalidades galegas de todos os ámbitos asinan o documento «Democracia para Euskal Herria». Reclaman que cese a situación de excepción e se restablezan os dereitos fundamentais na nación vasca, nomeadamente o dereito ao sufraxio pasivo por parte de todas as forzas políticas, en concreto con Bildu.
-
Catarina Martins, “A esquerda ten que incentivar a participación en todos os activismos”
A deputada do Bloco de Esquerda, Catarina Martins, achéganos as pautas para comprender a realidade actual portuguesa. As relacións entre Galiza e Portugal tamén ocuparon un lugar importante na conversa coa deputada portuguesa que non se esqueceu de lembrar cal debe ser o papel dos partidos de esquerda na sociedade.
• VÍDEO: «Estannos dicindo que non hai nada que facer. Nós sabemos que é mentira»
•OPINIÓN: Crónica dunha crise anunciada -
O enésimo golpe a Penamoa
Tras varios derrubamentos, o fin de Penamoa parece estar máis préto que nunca. A pasada semana consumouse o que aparentemente será o penúltimo derribo de chabolas no poboado, quedando deste xeito en pé o denominado «núcleo duro». O máis antigo e importante grupo chabolista de Galicia, sen embargo, non supón a erradicación de puntos negros na venda de droga, xa que xorden novos casos.
• Cada vez son menos os poboados de chabolas en Galicia
• Unión e compromiso para poñer fin a un drama
• O supermercado da droga: Penamoa
• Santiago Avión: «A situación do Freixeiro é moi precaria»
• Derribo en Penamoa -
A débeda de Galicia con Baltasar Garzón
A plataforma Galicia con Garzón xurdiu coma un xesto de solidarieade co xuíz andaluz, logo de ser suspendido nas súas funcións polo Consello Xeral do Poder Xudicial. A voceira da agrupación, Carmen Durán, asegura que foi Baltasar Garzón a través da Operación Nécora, o primeiro en interesarse e escoitar as víctimas do narcotráfico en Galicia.
• REPORTAXE: «Un xuiz xusto coma Garzón está sendo perseguido inxustamente»
• REPORTAXE: O xuíz máis polémico da historia
• AUDIO: Carmen Durán narra como acudiron ó xuíz Garzón para combater o narcotráfico en Cambados -
Novidades e continuísmo nas municipais de Compostela
Aos comicios municipais do vindeiro 22 de maio en Santiago de Compostela concorren oito candidaturas políticas. Así é todo, as enquisas non prevén uns resultados moi diferentes aos acadados fai catro anos. Segundo o CIS, os composteláns apostan pola continuidade de Sánchez Bugallo, un lixeiro retroceso do Partido Popular, o estancamento do BNG e o ascenso de Esquerda Unida.
• ENTREVISTA: Ricardo Picáns, número un da Candidatura do Povo: «O rural de Compostela ten que sustentar á cidade para posuírmos a nosa soberanía alimentar»
• ENTREVISTA: Rubén Cela, candidato do BNG: «Temos boas vibracións para o 22 de maio»
• ENREVISTA: Xabier Ron, candidato de Esquerda Unida: «Estamo convencidos de que podemos entrar no Concello»
• ENTREVISTA: Del Río, candidato de Converxencia XXI: «Onde está a iniciativa privada, as administracións non se teñen que meter»
• AUDIOS: Como evitar a sangría da emigración xuvenil? -
O supermercado da droga: Penamoa
A sombra da droga tinguiu de negro a historia galega do último cuarto de século. Foron miles os que sucumbiron ao xugo da drogodependencia durante estes anos, empurrados polos denominados «supermercados da droga». O máis antigo e importante de Galicia, o poboado chabolista de Penamoa, ve como o seu fin se achega grazas a insistencia dos veciños, pero xorden novos casos.
• Santiago Avión: «A situación do Freixeiro é moi precaria»
• Cada vez son menos os poboados de chabolas en Galicia
• Unión e compromiso para poñer fin a un drama -
«É imposible un Estado español plurinacional, pluricultural e plurilingüístico”
Josep Huguet, de ERC, Patxi Zabaleta, de Aralar e Pérez Bouza xunto con Beiras do BNG, constatan que o modelo de organización do Estado español é centralista e as distintas nacionalidades que nel conviven non teñen unha capacidade de autonomía real.
• ENTREVISTA: Josep Huguet, ex-conselleiro de Innovación, Universidade e Empresa da Generalitat
• ENTREVISTA: Patxi Zabaleta, coordinador xeral de Aralar
• VÍDEO: «Os terroristas máis perigosos son Rajoy, Fernández Ordóñez, Rubalcaba e Rouco Varela» -
Nós na Revolución Galega de 1846
O agromar do nacionalismo galego prodúcese no ano 1846. Os que despois serían Mártires de Carral foron os comandantes que saíron vitoriosos de Lugo e que conseguiron que toda Galiza seguise, durante 24 días, os seus ideas. Definían o país coma un único ente diferenciado do resto do Estado Español.
• Os vintecatro días do levantamento na memoria. A cronoloxía dos feitos
• «Non hai necesidade de deseñar o pasado segundo os nosos intereses», Antóm Santos. A interprecación dos feitos -
A Audiencia Nacional cambia de estratexia á hora de procesar os presos independentistas
A AMI convocou o pasado luns 14 unha concentración contra a conferencia do fiscal xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza, por amezar publicamente o independentismo galego e por representar o máximo órgano represor do Estado na Galiza.
-
Guillerme Vázquez: «A OTAN non vai a Libia a salvar vidas»
Baixo o lema «Non á Guerra-A mocidade galega co pobo libio» tivo lugar onte na facultade de Ciencias Políticas de Santiago de Compostela unha charla coloquio sobre a intervención militar da OTAN en Libia onde departiron Guillermo Vázquez voceiro do BNG no parlamento galego e Santiago Jiménez, historiador e coordinador do Observatorio Galego para o Sáhara Occidental. O acto foi presentado por Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, organización que levou a cabo o acto.


