Vidas rotas polo desarraigo
Miles de persoas partiron cara Bos Aires deixando parte da súa vida atrás
“Cada barco de emigrantes que partía estremecía momentáneamente as entrañas da comunidade social, coa dor aguda dun esgazamento, dunha brusca separación, dunha amputación violenta”
As causas que levaron a milleiros de persoas a abandonar a súa terra foron diversas: a fame, a miseria, os desexos de mellorar ou as ansias de vivir unha aventura. Pero é nos anos 30 e principios dos 40, cando se produce un tipo de emigración diferente, o chamado exilio político. Foron estes exiliados os que mantiveron viva a nosa lingua e as nosas costumes alén dos mares e continuaron espallando a cultura que aquí nos foi prohibida.
Grazas a eles e ó labor que desenvolvían a través das sociedades que formaron, Galicia non deixou de ter identidade propia. Na Federación de Sociedades Galegas da Arxentina está o Museo da Emigración Galega (MEGA) que conserva documentos imprescindibles para escribir as páxinas da nosa historia contemporánea.



