O circo tradicional reinvéntase

O circo Richards Bros somete o ancestral concepto de circo a unha forte revisión. Maior posta en escea, dramatización na presentación dos números e efectos especiais transforman por completo a tradicional función circense.

Pese á crise, ás trabas dos concellos e a dificultade de atopar un solar baleiro para instalar a súa carpa, os compoñentes do circo Richards Bros siguen na súa andadura. Unha mistura entre circo tradicional e moderno que incorpora novidades técnicas ás de outrora, tal como pista elevada, modernidade e innovación das luces láser, son estéreo ou efectos especiais.

A familia Richards, cuarta xeración de circo, decidiu crear algo diferente despois de case unha década xestionando unha exposición itinerante de animais. “Cando deixamos Expoanimalia, decidimos voltar á orixe, pero facendo algo diferente aos demais”. Así de rotundo se expresa Sandro Richards, director do circo, convencido de rachar cos límites preconcebidos nesta anciana arte. “Antes de abrir o circo, percorrín centos de espectáculos, e vin sempre o mesmo, sen innovación algunha”. Quizais por ese motivo,e malia defender os animais-artistas, decidiron prescindir de tigres, elefantes ou leóns, e o único número desta nova producción onde podemos deleitarnos coas criaturas, sexa o dos cans amaestrados.

Pero non é o único. Durante dúas horas de función, cos seus correspondentes quince minutos de descanso, o público poderá rir, gozar e aplaudir diante de contorsionistas, trapecistas, magos e pallasos, que xurdirán na pista logo de que un pequeño clown fique durmido na pista. Na súa ensoñación, a boneca de trapo coa que xoga convírtese en persoa, e con ela percorre a fantasía do circo e dos seus artistas, ata que chega o día e o pallaso esperta.

“Quixemos prescindir de presentandor e dárlle protagonismo a función en si mesma, contar unha historia” afirma Sandro, superando a faceta do circo como simple espectáculo familiar para chegar a público máis maior, nomeadamente universitarios.

Pero ainda que o Richards Bros recree un mundo afastado da realidade, sufre como todos os problemas do día a día. A crise inflúe e por iso din traballar ao mesmo prezo que hai catro anos. Pese a todo, o público sigue sen ser o esperado, e agardan que repunte a partir da primavera, cando a xente está máis animada para saír da casa. Aínda así, Sandro, que codirixe o espectáculo xunto o seu irmán, comprométese a seguir loitando por sacar adiante o seu soño, xa que, segundo el mesmo recita “Eu non fago circo para facerme rico, quérome facer rico para facer circo”.

Chegaron a Galiza logo dunha longa estancia en Portugal. Debutaron no Porriño e ata a semana que vén estarán en Vigo. Logo Vilagarcía e outras cidades (entre elas Compostela). Quen desexe acudir ao espectáculo deberá saber que os prezos oscilan entre os 10 e 25 euros e que, unha vez dentro, tal e como afirma o locutor “está permitido rir, emocionarse, aplaudir e soñar”.

Tagged as: , ,

2 Comments

  1. En parte es una pena por toda su carga histórica, pero en mi opinión este tipo de circos están condenados a desaparecer y tampoco me interesan lo más mínimo, aunque parece que al menos en este caso se aparta un poco del circo más convencional. Claro que difícilmente el «nuevo circo» se puede hacer camino cuando es ignorado por instituciones y ayudas y cuando salas como la nasa, que claramente lo apoyan, están cercanas a la desaparición…

    • Pois a miña visión é ben distinta. De feito, os circos tradicionais (con animais) facturan moito máis que calquera compañía que oriente o seu espectáculo doutro modo.

      Sobre o novo circo, simplemente dicir que máis ignorados (e ás veces denostados) que os propios circos tradicionais non os hai, e ben que se abren camiño. O malo ´ñe querer vivir de subvencións e axudas, que entón está claro que non é viábel.

      Creme que cun espectáculo de «novo circo» se gaña pasta, fagas onde o fagas, pero hai que saber moverse.

      (con bo rollo eh!)

Deixa o teu comentario