Aeroportos para as verbas con destinos de liberdade: Estaleiro e Corsárias.

Altavoces para a cultura eclipsada.

Sempre hai algo por descubrir nos pequenos lugares que poucos frecuentan, e aínda que non se vislumbre á plena luz do día, está ahí, movéndose a contracorrente.

A editorial galega Estaleiro e o Proxecto Corsárias, amosábannos recentemente o talento e inquedanzas das mentes curiosas que aínda quedan na nosa cidade nas xornadas galego-portuguesas sobre edición independente en Santiago de Compostela, no Salón de Actos da Biblioteca Ánxel Casal.
Mozas e mozos e de diversas idades acudiron a estas xornadas nas que se organizaron mesas redondas para debatir temas polémicos que afectan a tódolos cidadáns, como a situación dos medios de comunicación en lingua galega, o estado de excepción, a crise económica…
Estas xeiras constituíron unha gran oportunidade para darse a coñecer e favorecer o pensamento crítico de tódolos presentes.
As editoriáis non só publican obras en galego senón en castelán e calquera outra lingua do Estado español, para que tódolos escritores poidan ter a oportunidade de expresar as súas ideas e sentimentos máis revolucionarios sen que o idioma nin a ideoloxía sexa un obstáculo. Estaleiro e Corsarias son fantásticos instrumentos de difusión de emocións e voces críticas e combativas de cidadáns cun pensamento pouco convencional ante o mundo e a sociedade dominante.

Corsárias naceu a finais de 2009 e un dos seus principáis obxectivos a curto prazo é a xeración de auto-emprego. Os beneficios deste proxecto editorial serán empregados en novas iniciativas culturais e sociais vinculadas ó movemento galego.
Contan cunha librería dixital que se move en diferentes eventos e lugares e pretende conformar un espacio físico en Compostela. Asimesmo, para chegaren ás librerías galegas e outros espazos de divulgación da cultura como centros sociais, tendas alternativas ou colectivos, apostando por editoras portuguesas, galegas ou de calquera lugar de España, consideradas periféricas polo sistema. Danlle a benvida a libros orixináis, tanto de ensaio e pensamento como aqueles máis emotivos e artísticos, de poesía, teatro…Poesía última de amor e enfermidade do falecido Lois Pereiro ou La gran evasión. Historia de la fuga de prisión de los últimos exiliados de Pinochet, de Xavier Montayá, son unhas das novidades máis destacadas da editorial.

Estaleiro, tamén sen ánimo de lucro, pretende propagar a cultura alternativa, rexeitando a política dos subsidios, ofrecendo unha edición de calidade a prezos reducidos.
Ten como obxectivo a creación dun espazo de liberdade para a innovación literaria e o pensamiento crítico.
Entre as súas publicacións máis novas, atópanse o ensaio Outro xeito de ser. Unha introducción ó pensamento de Gianni Vattimo de Thomas Hausser e o libro de poesía de Clara Gayo, Razóns de peso Movidas.

O ciclo cultural despediuse coas portas abertas a todos aqueles que quixeran disfrutar dese arte persoal e único de balde, cunha festa na que houbo sorteos de libros de Estaleiro e doutras editoras independentes, de discos tamén orixinados na plena liberdade e outros materiais. Ademais, actuaron as bandas The Name e Ataque Escampe.

Tagged as:

Deixa o teu comentario