Erasmus: connecting Europe

As bolsas de mobilidade Erasmus conectan a USC e os seus alumnos con Europa

O programa Erasmus xera un intercambio bilateral entre Europa e a USC
O programa Erasmus xera un intercambio bilateral entre Europa e a USC

Chegado o ecuador das carreiras universitarias aos alumnos preséntaselles a posibilidade de solicitar un Erasmus. Estas bolsas de mobilidade europea son un apetitoso atractivo para centos de universitarios que cada ano parten de Compostela cara a outras universidades europeas ou aterran dende o estranxeiro na capital galega. Os obxectivos que moven a estes estudantes son moi variados. Desde perfeccionar unha lingua estranxeira, coñecer outras culturas e viaxar até os máis aventureiros que buscan vivir novas experiencias.

Os composteláns que deciden estudar fóra durante un ano escollen preferentemente destinos próximos como Portugal, Francia e Italia, aínda que nos últimos anos tanto os países nórdicos coma  Grecia e Turquía están gañando terreo. Os que deciden vir, moitos menos debido á falta de docencia en inglés, unha das maiores eivas da USC segundo o xefe de Relacións Exteriores, Enrique López Veloso, decántanse polos estudos de Filoloxía, Administración de Empresas e Económicas.

Mais, os interesados nos programas de mobilidade non son só os estudantes, senón tamén as universidades. Dende Bolonia, o ensino universitario está sumido nun proceso de internacionalización que ten como un dos seus piares básicos os programas de mobilidade e intercambio entre os distintos países. Para fomentalo, dende a Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación ofértanse bolsas de axuda económica e as universidades encárganse de procurar convenios entre facultades, facilitar a información necesaria e promover actividades de integración. As ganas de aprender e enchouparse de coñecemento que cada estudante Erasmus garda no peto fan o resto.

Tagged as: , , , ,

1 Comment

  1. Enhorabuena por el texto, Paula y Raquel. Muy didáctico y fluido. Me sorprendió sobre todo leer algo sobre la experiencia de Tito en Turquía, ¡que guay! Trabajos ricos como estos hacen de nuestro Entérate un blog cada vez más rico e interesante.

    Un saludo!

Deixa o teu comentario