O supermercado da droga: Penamoa
O poboado coruñés está a vivir os seus últimos días despois de vintesete anos, sen embargo, os antecedentes dos asentamentos chabolistas da cidade auguran un futuro incerto para eles
As cuarenta familias que habitaban o asentamento chabolista do barrio coruñés da Cubela, víronse forzadas ao exilio en 1984. Non había sitio para elas, pero sí para o novo Corte Inglés que o Concello decidira construír neste área. A chatarra e a venda ambulante, deixaban paso ao luxo e as rebaixas. As persoas que malvivían na Cubela, serían substituídas polas ansias consumistas da emerxente clase media coruñesa. Xa non se revolvería no lixo, senón entre as distintas estanterías que ocuparía o imponente gran almacén.
Sen embargo, o por entón alcalde Francisco Vázquez, actual opositor a Defensor do Pobo, xa tiña decidido un destino provisional para estas familias sen teito. Durante dous anos, os habitantes do poboado da Cubela foron realoxados nun descampado ubicado na zona alta da cidade, no lugar de Penamoa. Alí lles esperaban unhas vivendas de planta baixa, moi próximas á refinería, e que non gozaban de servizos hixiénicos nin auga corrente. Os trasladados amosáronse reacios á mudanza, sen embargo, as forzas policiais os obrigaron a habitar as popularmente denominadas “casas brancas”.
Como ben dicía Quevedo, “ninguén ofrece tanto como quen non vai cumplir”. Os novos habitantes de Penamoa foron “abandoados” polo Concello, e a promesa dos “dous anos provisionais” quedou en nada. Aos antigos chabolistas da Cubela, forónselle unindo máis familias que baseaban a súa economía familiar no tráfico de chatarra e a venda ambulante. Sen embargo, a baixa taxa de alfabetización, as infrahumanas condicións de vida e a superpoboación que vivía o asentamento, foi xerme para que se introduxese o tráfico de estupefacentes. Asi, desenvolveuse un mercado da droga, que segundo a organización Médicos do Mundo, chegou a ser o quinto máis importante do norte peninsular.
A droga foi o piar no que se se sustentou a altísima taxa de delictividade que sufriron os barrios contiguos do Agra do Orzán e o Ventorrillo. As incursións da policía no poboado de Penamoa non eran suficientes para frear a oleada de criminalidade. Os veciños da zona insinuaban que nin sequera as autoridades se atrevían a entrar no poboado. A creación de organizacións veciñais como a Plataforma do Ventorrillo para o Desmantelamento Penamoa, presionaron para que o Concello atopára unha solución ao problema.
Esta solución chegou no ano 2007 en forma de estrada, coma se dunha metáfora se tratara. O trazado da nova ronda de circunvalación, pasaría por riba do poboado, obrigando ao desaloxo dos seus habitantes. O Concello decidiu realizar un censo para contabilizar a poboación afincada no asentamento e firmar con eles o Plan Especial para Penamoa, previsto dentro do Plan Municipal de erradicación do chabolismo (1998-2008).

Trazado da futura Terceira Ronda ao seu paso por Penamoa
Este Plan, esixía a normalización da situación dos chabolistas. Este procedemento consistía en requisitos básicos, como a escolarización dos nenos ou altas na Seguridade Social. A cambio, os residentes recibirían concesións e axudas para a adquisición ou aluger de vivendas e o realoxo en módulos dispostos polo Concello.
Das noventa e nove familias contabilizadas polo Goberno de María Pita, vinte non aceptaron as condicións que estes lles ofrecían e non se acolleron ao Plan. Os chabolistas que resisten na insalubridade do alto de Penamoa son tamén os máis conflictivos. Os antigos residentes que se viron forzados a abandoar o lugar, xa alertaban do perigo que entrañaba achegarse a eles, xa que eran «os principais encargados do tráfico de drogas», aseguraba a Entérate unha das desaloxadas.
De feito, co comezo da campaña electoral, o voceiro parlamentario de Izquierda Unida, Gaspar LLamazares, visitou o poboado para coñecer a situación e a dos seus habitantes, que o recibiron a pedradas. Ademais de LLamazares, atopábanse no lugar o candidato a Esquerda Unida pola Coruña, César Santiso, e membros da Plataforma do Ventorrillo para o Desmantelamento de Penamoa. Os visitantes víronse forzados a abandoar o poboado tras esquivar as pedras, paos e ovos que arroxaban os chabolistas.
A situación destes habitantes é compricada, xa que ante a renuncia de abandoar o poboado, o Concello denunciou a cada unha das familias que continúan en Penamoa por ocupar terreo municipal. Deste xeito, a situación agora está en mans dos Xulgados, que xa ordearon e consumaron o derribo forzoso de oito infravivendas ata o momento.



