«Estannos dicindo que non hai nada que facer. Nós sabemos que iso é mentira», recalca Catarina Martins

Catarina Martins, deputada portuguesa do BE, chama á esquerda a loitar contra o discurso antipolítico

O discurso catastrofista das grandes multinacionais e da dereita quítalle todo o valor ás decisión políticas do pobo. Catarina Martins, deputada da Assembleia da República Portuguesa polo Bloco de Esquerda, fai fincapé na necesidade de que a esquerda sexa quen de canalizar o descontento coa política para que se traduza nunha nova forza capaz de mudar a situación.

Na conversa entre portuguesa e galegos apareceu, como era de agardar, a relación entre as dúas beiras do Miño. A necesidade de mellorar as ligazóns entre os dous países é evidente para Catarina Martins. Di que non podemos continuar vivindo uns de costas aos outros.

Tagged as: , , ,

Deixa o teu comentario