folclore
-
O camiño dos devanceiros
Tal e como dicía Shakespeare, “o pasado é un prólogo”, e tal vez o presente nos axude a formar a narración do que hoxe é e do que esta por vir adiante. A historia da música galega tivo tamén o seu prolegómeno feito polos antepasados e a súa continuación depende da ancoraxe ao pasado. Moitos optarán pola innovación musical; outros quererán perpetuar o camiño dos devanceiros. “Os Valuros” fican na actualidade como sucesores do folclore tradicional galego e teñen no seu espírito o afán de festa e da romaría que deixaron os antigos.
-
«Deberíase promover a verdadeira cultura galega»
Xesús Rodriguez nunha actuación de Cabo Norte A piques de comezar a entrevista, Xesús móvese impaciente na cadeira na que se atopa sentado. Mira para os lados cun certo nerviosismo, o cal se atenúa por un leve sorriso que anula a tensión e crea un clima de plena tranquilidade. É abril, pero o sol alumea [...]



