USC
-
Os novos usos do patrimonio cultural
O interese por adaptar edificacións antigas a usos contemporáneos evita a perda destas. Moitas son as actualizacións que, aproveitando o valor histórico dun inmoble, atopan marcos emblemáticos para intereses turísticos, culturais e museísticos. Ao longo da Historia rexístranse constantes reutilizacións de edificios importantes; podemos citar, como unha das máis coñecidas, a proxectada por Miguel Angel sobre as Termas de Diocleciano en Roma para erixir a igrexa de Santa María dos Anxos.
• Aloxarse no pasado
• O percorrido granítico da USC
• A arquitectura como contedor artístico
• GALERIA: Os edificios históricos da USC
• GALERIA: A reutilización do patrimonio histórico como museo
• VIDEO: Virxe da Cerca -
Danza en presente
O segundo día do IX Encontro de Danza, a primeira actuación en Compostela e cheguei tarde. A porta da Igrexa da Universidade estaba pechada e nas escaleiras había dúas rapazas sentadas e unha parella agardando. Preguntei se podería entrar ao seguinte pase de danza e unha das mozas asentiu e deume un folleto . Comezaran había cinco minutos así que aínda me quedaban outros quince de agarda. A anterior función fora en Lugo e o tema que desenvolveran fora o presente na danza. Hoxe tratan o presente e mañá será o futuro o protagonista, en mans das compañías independentes nacidas no seo da Universidade.
• ENTREVISTA: Diana Díaz: «Esto lo hicimos tan sólo con creerlo, quererlo e imaginarlo»
• REPORTAXE: Para todos os ritmos
• ENTREVISTA: Xosé Candal: «O amaneramento dos bailaríns de ballet causa problemas»
• VÍDEO: Reencontro coa danza contemporánea universitaria
• VÍDEO: Danza ao aire libre
• GALERÍA: Invasión da danza -
Diana Díaz: «Esto lo hicimos tan sólo con creerlo, quererlo e imaginarlo»
Diana Diaz, durante su actuación en las inmediaciones de la Facultad de Derecho Pregunta: Que te ha parecido el IX Encuentro Universitario de Danza de la USC? Respuesta: El Encuentro me ha encantado, no solamente porque me gusta la danza, sino también porque he tenido la oportunidad de mostrar con el grupo lo que hacíamos. [...]
-
O percorrido granítico da USC
As pantasmas da néboa aloumiñan os teitos afiados, a choiva peta na pedra vetusta, e as verbas antigas dun lugar aínda máis antigo dan pé a vellas melodías do fungar da gaita. O tempo fica pendurado e inerte no ar e os edificios aparecen como anacronismos dun tempo cada vez máis parecido o que augurara [...]
-
Erasmus: connecting Europe
Chegado o ecuador das carreiras universitarias aos alumnos preséntaselles a posibilidade de solicitar un Erasmus. Estas bolsas de mobilidade europea son un apetitoso atractivo para centos de universitarios que cada ano parten de Compostela cara a outras universidades europeas ou aterran dende o estranxeiro na capital galega. Os obxectivos que moven a estes estudantes son moi variados. Desde perfeccionar unha lingua estranxeira, coñecer outras culturas e viaxar até os máis aventureiros que buscan vivir novas experiencias.
• Guía para intrépidos estudantes da USC que deciden converterse en Erasmus.
• Erasmus, un cúmulo de intereses.
• A arte de estirar as bolsas Erasmus -
Guía para intrépidos estudantes da USC que deciden converterse en Erasmus
Santiago é punto de chegada para moitos estudantes Erasmus, pero tamén o é de partida para aqueles que deciden estudar un ano fóra en países como Turquía, Francia ou Finlandia. Os estudantes Erasmus composteláns queixanse da xestión da USC á hora de que se lles dea información antes de chegar ás universidades de destino. Laméntanse [...]
-
A USC manterá pechado o Colexio Maior Rodríguez Cadarso até o próximo curso
O Colexio Maior Rodríguez Cadarso continúa a darlle quebradeiros de cabeza ao goberno da USC. Unha vez máis, os prazos de apertura marcados por San Xerome non se cumpren e as obras, que tiñan previsto durar nove meses, xa van camiño dos dous anos. Nun dos últimos Consellos de Goberno o Vicerreitor de Estudantes e [...]
-
Estrea do voto electrónico e maior representación estudantil nas eleccións a Xunta de Facultade
O mércores día 9 de marzo e o xoves día 10 celebraranse na USC as eleccións a Xunta de Facultade. Nesta ocasión as eleccións realizaranse por primeira vez a través do voto electrónico. Segundo José Manuel Lorezo Salgado, Presidente da Comisión Electoral Central esta é unha medida adoptada polo reitorado da universidade para «modernizarse e adaptarse aos novos tempos». Nas eleccións do ano 2010 a reitor, clastro universitaro [...]



