cab
 
A retórica na comunicación é un curso oficial de formación contínua da Universidade de Santiago de Compostela, cunha duración de 22 horas.

Descrición do Curso de formación
A sociedade actual está marcada polas mensaxes que son emitidas polos diferentes medios de comunicación, ben sexan tradicionais, ben sexan a través das novas tecnoloxías. É por iso que se precisa afondar, desde unha perspectiva teórico-práctica, nos mecanismos de mellora da contrucción, difusión e control das mensaxes que logo serán trasladadas polos medios de comunicación. O curso está dirixido a profesionais dos medios de comunicación e ás persoas que teñen que traballar de cote coas nas rutinas informativas (políticos, portavoces oficiais, ….), que precisan dunha mellora nas técnicas de creación e exposición das súas mensaxes destinadas aos públicos masivos. Do mesmo xeito, os estudantes universitarios atoparán nesta iniciativa unha formación específica para unha actividade profesional futura, fundamentada na construcción, asesoramento ou control dos dicursos públicos.

Obxectivos do Curso
O obxectivo do curso é actualizar os elementos da retórica e a oratoria clásicas ao contexto actual da cultura mediática na que os medios de comunicación dominan a esfera pública. Por tanto, farase un fincapé especial na adquisición de ferramentas non só para construír un discurso, senón para expolo e defendelo con éxito nunha sociedade mediática. A metodoloxía utilizada fundaméntase na aplicada nos estudos de grao (clases expositivas, clases interactivas e clases tutorizadas)

Directores
Rosario de Mateo (UAB)
José Pereira Fariña (USC
)

Coordinador
Miguel Túñez López

Organiza
Facultade de Ciencias da Comunicación
Universidade de Santiago de Compostela

 
PROGRAMA DO CURSO
O calendario do curso é o seguinte
1/04/20. De 16h a 21h
2/04/2011. De 9h a 15h
8/04/2011. De 16h a 21h
9/04/2011. De 9h a 15h.

Todas as sesións se celebrarán na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Avda. Castelao s/n)



Temario
Módulo 1
A retórica na comunicación
Proxeción retórica na Comunicación
As clases de discursos.
Retórica e esfera pública
Prof. Tomás Albaladejo
Catedrático da Universidad Autónoma de Madrid



Módulo 2
Debate de ideas. Refutación
Retórica non verbal
As clases psicolóxicas na oratoria
Prof. Francisco Carrillo.
Socio-Director de La fábrica de discursos


Módulo 3
Do discurso ao Storytelling
O debate entre políticos
O debate entre xornalistas, expertos e público
A Argumentación visual
Prof. Carlos Elías
Catedrático da Universidad Carlos III de Madrid
Alejandro Carra. Redactor e editorialista da sección de Opinión de ABC
 
¿Como podes inscribirte no curso?

Preinscrición
O prazo de preinscripción finalizou o 25 de marzo.
Consulte aquí o listado de admitidos na preinscrición.

Matrícula
A matrícula é de sesenta euros (60 euros) e farase na Unidade de Matrícula da Sección de Posgrao, Terceiro ciclo e Formación contínua:
Pavillón Estudantil
Campus Vida
15782 - Santiago de Compostela


O prazo de matrícula remata o 30 de marzo de 2011.

Prazas dispoñibles
O seminario dispón de 40 prazas para asistentes, que serán outorgadas por orde de inscrición.

Máis información
José Pereira (xose.pereira@usc.es)
Miguel Túñez (miguel.tunez@usc.es)
T. 881816555

 
 
 
pe
Retórica e oratoria na era da comunicación Global
Facultade de Ciencias da Comunicación. USC. Avda. de Castelao, S/N. 15782. Santiago de Compostela
Tlf.: +34 881 816 555 | mail: xose.pereira@usc.es | miguel.tunez@usc.es